xoves, 28 de maio de 2015

A Torre de Hércules

Aló polo mes de decembro puidemos desfrutar dunha exposción na Senra titulada "As Mariñas de nunca xamais". Nela, Luis Galán, o autor das obras, mostraba unha serie de obras sobre a comarca das Mariñas traballadas a partir de ilustracións vectoriais.
Desta exposición xurdiu o idea para este proxecto. A nosa campaña da biblioteca para este curso invitábanos a viaxar polas Terras da Coruña. Así como símbolo da provincia collimos a Torre de Hércules que compuxemos con papeis de varias cores. Aquí están as fotos do resultado.














Deseña unha xoia para a túa nai

O Colexio Oficial de Xoeiría convocou un concurso que consistía en deseñar unha xoia para o día da nai. Algúns dos alumnos e alumnas das clase participaron pero non tivemos sorte. Estes son os deseños que presentaron. Igual o vindeiro ano temos máis sorte.








Aquí tedes o enlace para ver os premiados.

 Premio do concurso


Observando o desenvolvemento das sementes

Durante este mes tivemos na aula varias sementes coas que puidemos observar a súa xerminación e o proceso de formación das raíces, talos e follas.


xoves, 14 de maio de 2015