Algunhas ideas para facer adornos de Nadal sinxelos e reutilizando materiais.
martes, 2 de decembro de 2014
venres, 28 de novembro de 2014
Arquitectura de Bergondo
Este traballo foi feito polos meus alumnos e alumnas do curso pasado, pero estaba pendente a súa publicación. Máis vale tarde ca nunca.
martes, 25 de novembro de 2014
Clasificación dos seres vivos.
Para tratar de entender un pouco mellor a clasificación dos seres vivos elaboramos este mural onde fomos colocando imaxes de organismos variados, que colocamos no correspondente reino.
sábado, 22 de novembro de 2014
venres, 21 de novembro de 2014
martes, 18 de novembro de 2014
luns, 3 de novembro de 2014
martes, 28 de outubro de 2014
sábado, 25 de outubro de 2014
A distancia entre a Terra e a Lúa.
Acabo de ver este enlace sobre a distancia entre a Terra e a Lúa e creo que nos pode axudar a entender mellor o noso Sistema Solar.
Aquí o deixo:
luns, 20 de outubro de 2014
Cousas da Lúa e da Terra.
Aquí temos varios vídeos relacionados coa Lúa, os seus efectos na Terra e outros aspectos da Terra.
xoves, 2 de outubro de 2014
martes, 30 de setembro de 2014
Os seres vivos
Na seguinte páxina web poderás ver diferentes tipos de micoorganismos e tamén como se utiliza o microscopio.
E neste vídeo podedes ver algúns exemplos dos distintos tipos de microorganismos.
domingo, 21 de setembro de 2014
domingo, 22 de xuño de 2014
Simetrías
http://www.genmagic.net/habilidades/simetc.swf
http://www.primaria.librosvivos.net/5EP_Mat_ud14_es_Simetria_1.html
http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1285581005/contido/ma023_oa01_es/index.html
http://www.genmagic.net/habilidades/dib4c1_simetrico.swf
http://www.genmagic.net/habilidades/dib4c1_simetrico.swf
mércores, 11 de xuño de 2014
Nin un menos
Nos comentarios podedes ler as nosas opinións e valoracións sobre a última película que vimos coa que reflexionamos sobre a responsabilidade.
martes, 10 de xuño de 2014
xoves, 5 de xuño de 2014
mércores, 28 de maio de 2014
xoves, 15 de maio de 2014
Celebramos o día das Letras Galegas
Nos seguintes enlaces temos actividades e información sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas: Xosé María Díaz Castro.
http://issuu.com/biblioamaia/docs/xos___mar__a_d__az_castro/24?e=0/7415381
http://seminariogalan.org/inicio/ver/251
mércores, 14 de maio de 2014
venres, 9 de maio de 2014
Concurso do día da nai.
Participamos este ano no concurso do Colexio Oficial de Xoiería "Deseña unha xoia para a túa nai". Os deseños que presentaron os deste grupo son os que vedes a continuación:
Pero non houbo sorte. No enlace que segue tedes a información sobre os gañadores.
martes, 6 de maio de 2014
martes, 8 de abril de 2014
xoves, 3 de abril de 2014
Actividades para estudar ósos e músculos.
Enlace 1.
http://www.cuadernosdigitalesvindel.com/juegos/juegolocomotor.php
Enlace 2.
http://recursostic.educacion.es/ciencias/biosfera/web/alumno/3ESO/locomotor/actividades.htm
Enlace 3.
http://ongeducacuerpohumano.wikispaces.com/Huesos,+M%C3%BAsculos+y+Articulaciones
Enlace 4.
http://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=El-Cuerpo
http://www.cuadernosdigitalesvindel.com/juegos/juegolocomotor.php
Enlace 2.
http://recursostic.educacion.es/ciencias/biosfera/web/alumno/3ESO/locomotor/actividades.htm
Enlace 3.
http://ongeducacuerpohumano.wikispaces.com/Huesos,+M%C3%BAsculos+y+Articulaciones
Enlace 4.
http://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=El-Cuerpo
mércores, 19 de marzo de 2014
Valoración de "Bailando con lobos"
Despois de adicar varias sesións a ver a película Bailando con lobos, picando nos comentarios, podedes ver algunhas das nosas opinións.
martes, 11 de marzo de 2014
A voltas co Día da Muller Traballadora
O pasado 8 de marzo foi Día Internacional da Muller Traballadora, e aproveitamos a data para coñecer algunhas das moitas mulleres importantes da Historia no mundo enteiro e tamén de Galicia, e os seus logros.
xoves, 27 de febreiro de 2014
mércores, 19 de febreiro de 2014
luns, 17 de febreiro de 2014
Entomodelfos (IV)
O meu entomodelfo é
un mamífero marrón, con dúas cabezas. Unha
cabeza ten o pelo en lapas (este cuspe lume e come guindillas) e a
outra ten un dorsal na cabeza (cuspe un chorro de auga, come
pescado). Cada unha destas cabezas está nun lado do corpo. Ten
catro pernas e seméllase a un cabalo.
Úsase como:
cazador, garda, mascota... A única cousa que me queda por
dicir é que se non ten os zapatos postos pode morrer de
frío.
Joseph S. Barr
O
MEU ENTOMODELFO
O meu
entomodelfo é moi divertido, tamén é moi
tranquilo, o máis gracioso del é o seu corpo que é:
corpo de porco, pescozo de xirafa, cabeza de paxaro, rabo de gato e
catro patas de paxaro. Compreino hai dous anos e custoume sobre uns
200,00€, que pensándoo ben é pouco diñeiro
para un entomodelfo.
Contáronme
que ó nacer mide 2 m de altura e 5 m de ancho, tamén me
contaron que era moi afable de pequeno.
Na
adolescencia emparéllanse e fecundan, despois dun ano poñen
de 1-10 ovos, despois emigra e morre sobre os 50 anos.
Ah!,
esquecérame, tamén ten ás.
Ricardo Carro Armada
Eu chámome Pablo, e
teño un entomodelfo, que se chama Donal.
Este é Donal:
Donal, é un
entomodelfo macho, tamén é moi veloz, é
carnívoro e como vedes ten un ollo máis grande e
redondo ca outro. As pernas son diferentes unha da outra.
E ten un rabo moi grande e
peludo pero non é estraño porque el tamén é
grande e peludo e ten so unha orella moi grande que parece unha
cresta.
Cando durme ronca e fai
estrondo todo.
O que máis lle
gusta son as ovellas, as vacas, os porcos...
Donal é dunha
cor verdosa pasando a gris e a orella é amarela, ten unha
nariz e unha boca pequenos e uns dentes de vampiro e os pezuños
tenos moi sucios, de barro e de todo.
Pablo Fernández Paradela
O meu entomodelfo ten corpo de galiña,
patas de elefante , cabeza de pato e pescozo de xirafa, segundo as
miñas observacións O meu entomodelfo é de varias
cores, amarelo, vermello, azul e verde e ten uns ollos de peixe de
cor lila. Eu vou a pasear con el e sempre cando pasamos ó lado
da praia mira as boas vistas da posta de sol porque imos o atardecer.
Cando chegamos á casa ten moita fame e eu doulle a súa
comida favorita: pomelos con amorodos; aínda que tamén
come leituga, remolacha, porco asado e xeado de pistacho con
tropezóns de amorodo.
Ah, si!Case se me esquezo de que o meu
entomodelfo chámase Tato. A el encontreino cando ía o
meu traballo e dábame moita pena deixalo alí e collino
e leveino á miña casa e así o coñecín,
e sempre me tratou como se fóra o seu pai verdadeiro.
Dende ese día estiven buscando
en todas as enciclopedias de que especie de ser vivo trataba Tato e
conseguino, este ser vivo nace no polo norte e como vai moito frío
a nai e o fillo son forzados a emigrar. Tamén descubrín
que nacen dun ovo, (que é ovíparo) tamén é
semiacuático.
Entón estou tratando este
animaliño coma se fose a miña vida, porque están
en perigo de extinción, e no meu barrio so hai dous
entomodelfos un meu e outro dun veciño co que Tato xoga todos
os mércores polas tardes despois de almorzar. Ben, adeus, que
teño que darlle de comer a Tato.
Héctor Gómez Lema
O meu Tractodelfo encontreino nunha
gabia nunha caixiña de zapatos. Abrina, encontreino
intentando romper a caixa coas súas rodas e eu quedeime
mirando por que iso era moi raro. Entón leveino para a miña
casa pero eu non sabía o que comía. E entón un
día veu comer chatarra que a metía nunha especie de
caixón e despois triturábaa; e creceu moito e el non
era moi agarimoso coas persoas de fóra pero comigo si. El ten
rodas e unha crista grandísima e uns cornos grandísimos,
parécese a un tractor e púxenlle tractodelfo, e foi
moi feliz comigo, mide de altura 3 m e de ancho 4m.
Manuel González Souto
O entomodelfo e un ovíparo,
mamífero.
Ten cabeza de pelicano, o pescozo de
xirafa, a barriga de avestruz, cola de rato e patas de coello.
Vive en Galicia pero vai poñer o
seu ovo na Antártida e volve a Galicia para coller castañas.
Voa a 310 km/h, pode vivir en casas
cerca de castaños e tamén ás veces come
tortilla, pero é un
animal que pode xogar ó fútbol
pero non aguanta máis de 5 horas sen saír fóra a
facer as súas necesidades.
Ten uns dentes moi velenosos e só
lle fai caso ó seu dono. Cando alguén lle pega vai
perseguilo e cravarlle os seus dentes.
Tamén pode actuar coma
espertador.
xoves, 13 de febreiro de 2014
Entomodelfos (III)
Como
é o meu entomodelfo.
O que come: come
froitas, verduras... come de todo menos carne e cousas doces.
Os seus coidados:
cada dúas horas hai que darlle de comer alternando unha vez
repolo e outra cebola, hai que sacala a pasear unha vez ao día,
hai que acariciala unha hora ao día e hai que durmir con el.
Que aspecto ten: ten
un peteiro de ave, ten a forma da cara de flamengo, o pescozo de
xirafa, dúas xibas de camelos, patas, cola de puma e ten
tatuaxes e é maiormente lila.
Cales son os seus
costumes: na época de apareamento os machos fan un baile, cada
137 anos os machos emigran a París a competir nun concurso de
beleza e os bebés entomodelfo en canto nacen vanse para sempre
e non volven.
Onde nacen e onde
morren: nacen en Galicia e morren e emigran (en París).
Canto viven: viven
1379 anos, e once días e 33 segundos.
Como obter un: podes
compralo (en primavera) ou deixar que veñan (en inverno).
Carmen Mosquera Varela
O meu entomodelfo é pequeno coma
un gato, ten unhas ás de bolboreta de cores, os pezuños
de ouro e a súa cola é moi longa e ten unha trenza de
cor violeta. As súas manchas son con formas moi estrañas
e cando dorme ponse de cores; ten un raio na cabeza, é a súa
marca de nacemento.
Ten unhas flores de cor rosa no pescozo
que son máxicas, porque cando come unha faise máis
grande. Os seus cornos cambian de cor segundo o ánimo que
teña; cando está alegre están de cor laranxa e
cando esta triste están de cor azul.
O meu entomodelfo é carnívoro,
pero só come un tipo de animal, o castor. Ten que emigrar unha
semana para coller algún e traelo.
Normalmente dorme en calquera planta de
cores rechamantes. O meu entomodelfo enfádase moito por unha
cousa: por exemplo cando levamos roupas de cores negras ou grises.
Porque ela é moi alegre e non
lle gustan esas cores tristes.
Sandra Blanco Ascariz
mércores, 12 de febreiro de 2014
martes, 11 de febreiro de 2014
Entomodelfos (II)
O meu entomodelfo chámase Xavier. Ten os ollos azuis, o pelo amarelo, o pico vermello, o corpo branco, a cara azul e as patas laranxas, tamén ten unhas ás verdes e unhas orellas negras. É un animal vertebrado, reprodúcese mediante ovos e é un animal que se alimenta de insectos e animais pequeniños . Un entomodelfo vive entre 35 e 45 anos como máximo. Cando pon os ovos tarda en saír 18 minutos e nace o entomodelfo. Cando o entomodelfo nace vai xunta a nai, para que lle dar de mamar. Cando ten 19 anos busca parella, para formar unha manda e buscar comida. Cando forma a súa manda van cazar todos xuntos para a comida do inverno. Pesa entre 60 e 78 quilos aproximadamente, cando son maiores vanse a un lugar onde faga moito sol. É un animal mamífero. Cando teñen 11 anos os entomodelfos son considerados adultos.
Ibsa Bernárdez Pousa
Ibsa Bernárdez Pousa
O
meu entomodelfo é moi alto e ten a cola dun pavo real. A cola
de pavo do entomodelfo é de moitos cores: azul, verde,
vermello, etc. Ó meu entomodelfo gústalle comer ovos
con patacas e leite con cereais; a súa actividade preferida é
xogar ao escondite. Tamén lle gusta moito xogar cun balón
que ten e mandalo moi lonxe. A el gústalle moito estar dentro
da casa no inverno e no verán gústalle ir ao bosque a
bañarse nunha poza que hai preto. El vixía a miña
casa e a dos veciños, se ve alguén que non coñeza
empeza a picarlle e a berrar para que os veciños e mais eu ,
espertemos e chamemos á policía.
Andrea Santiso Vázquez
luns, 10 de febreiro de 2014
Entomodelfos (I)
O meu entomodelfo é moi grande. Ten unhas ás brancas enormes e un rabo verde moi pequeno, e o seu corpo é todo rosa . A súa comida favorita son as landras e os limóns moi acedos . O meu entomodelfo é orixinario dos bosques ou selvas. O meu entomodelfo naceu dun ovo moi grande de cor morado. Como xa dixen ten ás pero pon os seus ovos no barro. Dixen antes que o ovo era morado pero cando o entomodelfo vai nacer ponse de cor amarelo. Ten un nariz moi bo para atopar comida. E uns dentes especializados para romper as landras. Tamén ten us cornos nos extremos do nariz. Coas súas pernas pode saltar e nadar moi rápido porque son como as da ra, son verdes.
Martín Andrade Paz
O meu entomodelfo, máis ben entomodelfa , é a mellor mascota do mundo. É cariñosa, fiel , obediente, limpa e sempre quere xogar comigo . É unha mestura de varios animais moi diferentes. Cabeza de elefante de cor rosa e orellas de cor lila, na testa sobresaen uns cornos vermellos, corpo de ovella coa la amarela , sinal de que está sa. De vaca ten as patas, aínda que verdes con pezuños vermellos, e os ubres rosados. Os bigotes e o rabo de cores son de guepardo. O entomodelfo o é un animal doméstico, mamífero e herbívoro. Pode chegar a vivir 30 anos e alcanza o tamaño dunha ovella. Ao longo da súa vida pode chegar a ter 8 crías, dálles de mamar ata que teñan un ano de vida. As crías nacen brancas e ao longo do tempo vanse poñendo de cores. Os machos teñen os cornos máis grandes e úsanos para loitar polas femias no momento do celo.
Julia Barallobre Carballal
Eu teño unha entomodelfo chamada Strela. O entomodelfo é un animal e nace de ovos. Ten un ovo cada catro anos e plumas cando nacen. É un animal mamífero que nace de ovos. Cando está en estado de ninfa emigra aos lugares que hai castañas, é doado ver como apañan as castañas . Cando nacen están en Groenlandia e as nais vense obrigadas a emigrar sen os seus fillos, e éste está obrigado a sobrevivir só . Algúns non sobreviven a tal perigo xa que hai depredadores en Groelandia. O meu entomodelfo soe vir cando chove ou cando ten fame, soe ter fame varias veces ao día. Non soen vivir máis de 90 ou 80 anos. Os entomodelfos non se compran nin se regalan, acoden a ti. Este é o meu entomodelfo STRELA.
María Mercedes Corral Suárez-Anzorena
Martín Andrade Paz
O meu entomodelfo, máis ben entomodelfa , é a mellor mascota do mundo. É cariñosa, fiel , obediente, limpa e sempre quere xogar comigo . É unha mestura de varios animais moi diferentes. Cabeza de elefante de cor rosa e orellas de cor lila, na testa sobresaen uns cornos vermellos, corpo de ovella coa la amarela , sinal de que está sa. De vaca ten as patas, aínda que verdes con pezuños vermellos, e os ubres rosados. Os bigotes e o rabo de cores son de guepardo. O entomodelfo o é un animal doméstico, mamífero e herbívoro. Pode chegar a vivir 30 anos e alcanza o tamaño dunha ovella. Ao longo da súa vida pode chegar a ter 8 crías, dálles de mamar ata que teñan un ano de vida. As crías nacen brancas e ao longo do tempo vanse poñendo de cores. Os machos teñen os cornos máis grandes e úsanos para loitar polas femias no momento do celo.
Julia Barallobre Carballal
Eu teño unha entomodelfo chamada Strela. O entomodelfo é un animal e nace de ovos. Ten un ovo cada catro anos e plumas cando nacen. É un animal mamífero que nace de ovos. Cando está en estado de ninfa emigra aos lugares que hai castañas, é doado ver como apañan as castañas . Cando nacen están en Groenlandia e as nais vense obrigadas a emigrar sen os seus fillos, e éste está obrigado a sobrevivir só . Algúns non sobreviven a tal perigo xa que hai depredadores en Groelandia. O meu entomodelfo soe vir cando chove ou cando ten fame, soe ter fame varias veces ao día. Non soen vivir máis de 90 ou 80 anos. Os entomodelfos non se compran nin se regalan, acoden a ti. Este é o meu entomodelfo STRELA.
María Mercedes Corral Suárez-Anzorena
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)