mércores, 18 de decembro de 2013

Decoración de Nadal.

Hoxe fixemos estas árbores de Nadal para colgar. Son moi sinxelas. Só necesitades 6 círculos de cartolina en diferentes tamaños e un fío para colgalos. Espero que vos gusten.




mércores, 11 de decembro de 2013

Comentarios a Billy Elliot

Nos últimos días de Educación para a Cidadanía estivemos vendo e analizando a película Billy Elliot e nos comentarios podedes ler os nosos comentarios e valoracións.

luns, 9 de decembro de 2013

As estacións e o movemento de translación.

O outro día na aula xurdiu unha dúbida sobre as estacións e a duración do día e a noite nos polos. Con estes vídeos tentaremos explicar o que sucede.