martes, 26 de novembro de 2013

Poñendo cor a historia.


Así de chula loce a entrada do noso cole cos traballos do alumnado de 6º de Ed. Primaria.

Buscamos fotos de Bergondo en blanco e negro de hai uns anos e puxémoslles algo de cor. Estas fotos permítennos ver algún dos cambios do noso concello.

25 de novembro

Onte, 25 de novembro, foi o Día Internacional contra a violencia de xénero. Para traballar un pouquiño sobre este tema aquí temos un enlace a unhas actividades sobre igualdade de valores. Picade sobre a imaxe para acceder a elas.

martes, 12 de novembro de 2013

Exposicións do alumnado.

Como traballo de grupo da unidade 2 de relevo de España, os alumnos fixeron a presentación das costas ós seus compañeiros.

Presentación da costa cantábrica.

Presentación da costa atlántica.

Presentación da costa mediterránea.