mércores, 27 de xuño de 2012

Despedida de curso


Chegou o verán, por fin. Todos necesitabamos un descanso, aínda que a min quédanme varios días para iso. Pero pouquiño a pouco xa imos disfrutando do verán.
Hoxe non tiven ocasión de despedirme como tiña pensado do meu grupo de alumnos.
A recollida de notas foi tan escalonada, e había moitas présas (...), polo que non conseguín que estiverades todos xuntos. Así que aproveito para desexarvos desde aquí un feliz verán, que todo vos vai ben nesa nova etapa que comezaredes en setembro. Xa sodes alumnado de E.S.O. (case todos). Pedirásevos máis esforzo, máis responsabilidade, porque sabemos que o podedes facer. Non esquezades escoitar e pensar antes de falar. Recordade que non estades sós, nin sodes o centro do Universo. Todos e todas formamos parte dunha comunidade que temos que construír todos e todas xuntos/as.
Permitídeme un último consello: sempre podemos aprender algo daqueles que nos rodean, pero temos que estar dispotos a aprender.
Espero que o camiño que vos queda por andar vos leve ó final que desexades.
Felices vacacións.

Últimos traballos do curso de Expresión Plástica

Xa que este curso a campaña da biblioteca era sobre o arte, inspirámonos nel para facer as últimas creacións.
A penúltima foi baseada na obra de Magritte "Ceci n'est pas une pipe". Usando o collage e poñendo un fondo de nubes tan típico da obra de Magritte fixemos estas composicións:


Por último volvimos ó arte ruso da man do xoieiro Fabergé, creador dos ovos de Pascua máis caros do mundo ó que imitamos creandos novos deseños:


Aquí podedes ver algún con máis detalle:


A algúns compañeiros non lles deu tempo de rematalo. Espero que se animen a facelo na casa, porque estaban quedando bastante ben, é había variedade.

martes, 5 de xuño de 2012

Día Mundial do Medio Ambiente

Hoxe fixemos unha recollida de lixo polo colexio, poñendo así o noso gran de area para mellorar o medio que nos rodea e poder conservalo. Na parcarta que elaboramos podedes ver varios consellos das cousiñas que día a día podemos facer a mellorar o lugar onde vivimos. A nosa actividade está inscrita no PNUMA (Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente).


O recuncho de arte rusa

Así quedou o noso recuncho de arte rusa na exposición da biblioteca. Non deixedes de botarlle un vistazo na entrada do Edificio A.

¡Cielos!¡Estamos rodeados!