luns, 5 de marzo de 2012

O entomodelfo de Brais García

Sansón o Entomodelfo


O meu Entomodelfo é unha cousa estraña, por iso hai que permancer atentos á descrición.

El sempre viste de traxe e garabata para as ocasións, é un animal educado.

O seu corpo está formado dende a “merda” máis pequena ata a trapallada máis grande: rodas de coche, tubos de escape, tesoiras...

Se comezamos por abaixo atopamos unhas zapatillas de señora de oitenta anos cubertas por zapatos de pel carísima e verde. Nas pernas soe levar medias térmicas, chándal da casa, curto. Na barriga leva una camiseta, típica de rapazas con gañas de ligar, curta, ensinando o embigo. Leva lentes de sol, coma as do Rei cando tivo o golpe no ollo, orelleiras e pucha de durmir.

El é o único da súa especie, que nace en Shonchirolankorato. Non sei moi ben onde está iso!, por se queriades preguntar. A súa especie sabe voar, pero el non voa. Veu ata a miña casa nadando sen saber nadar. É unha ave mamífaro-ovípara-vivípera e non pon ovos. Nas pernas só ten os ósos. O pico empregao para apoiar os lentes, aínda que non sei para que os quere porque a pucha tápalle ata os ollos.

En canto nace, xa moi espabilado, decide montar unha festa, aínda que é el só.

Logo emigra a España onde está só trinta segundos. Despois vai a grande USA, pero marcha porque non lle gusta Le Bron James, xogador do Miami Hear, non lle gusta Obama porque o noso amigo é republicano e pasa de tanto estrés. Despois pérdese no mundo e máis tarde volve a aparecer na miña casa.

El non está na casa porque discuto coa miña muller sobre quen frega os pratos. Vaise despois de comer. Agás a comer, só vén cando está cansado de perseguir a outro da súa especie, aínda que non hai.

El é o alcalde e dirixe a Asociación de veciños “Pepe Gamela só sabe fumar”, unha asociación tonta sen beneficio. A el non lle para a cabeza!!!

Ningún comentario: