luns, 24 de xaneiro de 2011

Mitoloxía romana

Principais deuses da mitoloxía Romana:

• XÚPITER: é o rei dos deuses e dos homes. Fillo de Saturno, destronou ó seu pai coa axuda de Neptuno e Plutón (os seus irmáns), cos que repartiu o Imperio do Universo: el quedouse co ceo. Deus maxestuoso e terrible da xustiza e da lealdade. O seu animal, a aguia; a súa árbore, o carballo; a súa arma, o raio forxado por Vulcano baixo o monte Etna.

• Xuno: irmá e esposa de Xúpiter. É a protectora das mulleres casadas legalmente. O seu animal, o pavo real; a súa cidade, Argos.

• Minerva: filla de Xúpiter, é a deusa da sabiduría, da Ciencia e das Artes, e tamén da guerra. É a patroa de Atenas. O seu animal, a curuxa; a súa árbore, o olivo.

• Apolo: fillo de Xúpiter, é un deus totalmente grego que pasa a Roma co seu propio nome grego. É ademais, o deus da música, a poesía, a elocuencia, a medicina, a arte e os augurios. A súa árbore, o loureiro; o seu animal, o delfín.

• Diana: é a irmá xemelga de Apolo. É a deusa dos bosques, onde se dedica a súa ocupación favorita; a caza. Deusa da noite. A súa árbore, o ciprés; o seu animal preferido, o corzo.

• Neptuno: deus do mar, é o que rixe os ventos e as tempestades. Represéntase cun tridente.

• Marte: fijll de Xúpiter e Xuno, era o deus da guerra, anteriormente, en Roma, fora da vexetación e das colleitas. Pai de Rómulo e Remo.

• Venus: filla de Xúpiter. É a deusa da beleza e do amor. Cupido, o deus que lanza frechas de amor, é fillo seu.

• Mercurio: fillo de Xúpiter, conduce ós infernos a alma do morto. É tamén o deus da elocuencia, dos comerciantes e dos ladróns. Soe representarse con ás nos talóns.


• Vulcano: fillo de Xúpiter e de Xuno, o deus do lume.

• Ceres: filla de Saturno, é a deusa da agricultura. Ensinou ós homes a sementar.

• Vesta: protectora do lume do fogar.




• Saturno: fundou un pobo fortificado que levaba o nome de Saturnina. Por iso relacionouse o seu nome co invento ou xeneralización do cultivo e a poda da vide.
Deuses familiares ou domésticos

• Penates: deriva etimoloxicamente de penus (comestible, despensa) estes son os deuses protectores da familia, deuses que protexen a familia contra a penuria.

• Lares: son deuses protectores da casa material, da lareira. Os deuses lares viven e permanecen na casa: as portas, a soleira, etc., son os deuses Limentinus, Janus e Cardea.



• Manes: Manus, en latín antigo, significa "bo, benigno". Son as almas dos antepasados, os xenios antigos da familia. Os lemures eran os antítese dos Manes.

• Genius: o Xenio é o deus particular, o xenio familiar transmítese nas diversas xeneracións.

• Juno Prómuba: a nai de familia ten o seu Genius; é Juno Prónuba significa "casarse", a deusa dos desposorios nupciais, chámase tamén Juno Lucina, a deusa dos nacementos.

A paz

luns, 10 de xaneiro de 2011