xoves, 24 de xuño de 2010

xoves, 3 de xuño de 2010

Día Mundial do Medio Ambiente

"Moitas Especies. Un planeta. Un futuro"




O día 5 de xuño conmemórase o Día Mundial do Medio Ambiente (World Environment Day), unha data na que se tenta concienciar e mobilizar aos cidadáns no coidado e o respecto cara ás distintas especies e ecosistemas do planeta.

Cada ano, Nacións Unidas selecciona unha cidade como sede dos actos internacionais de conmemoración. Nesta edición a sede situarase en Ruanda e baixo o lema "Moitas Especies. Un planeta. Un futuro" farase especial fincapé na importancia vital, para o benestar da humanidade, do coidado e o respecto das distintas especies e ecosistemas do planeta. Así pois Kigali, a capital de Ruanda, será o lugar para esta celebración mundial do medio ambiente, celebración que contará cunha serie de actividades de varios días que inspirarán a ruandeses, africanos do leste e persoas de todo o mundo a tomar unha acción a favor do medio ambiente.
O tema do Día Mundial do Medio Ambiente 2010 tamén apoia o Ano Internacional da Biodiversidade Biolóxica que se celebra este mesmo ano.