domingo, 30 de maio de 2010

Oleiros de Buño



O venres 28 de maio, visitaron o colexio os oleiros de Buño, cunha pequena demostración do seu traballo. Ós rapaces fixeron a súas pequenas pezas, que imos deixar secar para logo pintar e decorar.


xoves, 13 de maio de 2010

Día das Letras Galegas

O vindeiro domingo, 17 de maio, celebraremos o Día das Letras Galegas que este ano adicamos a Uxío Novoneyra, o poeta do Courel.
Aquí tedes unha pinceladas da súa biografía e algúns poemas moi sinxelos.

martes, 11 de maio de 2010

Día de Europa

Onte, 9 de maio celebrouse o Día de Europa, e hoxe en clase fixemos un pequeno traballo sobre algúns dos países de Europa coloreando as súas bandeiras.


luns, 10 de maio de 2010

Letras Galegas 2010

Hoxe asistimos a una representación de monicreques "Elba e Marcos e os xoguetes encantados" de Duende Sico.


Logo entregáronse os premios do "V Concurso de marcapáxinas"e do "XI Certame literario Bergondo nun conto". No concurso de marcapáxinas o gañador foi o da Escola Infantil de Guísamo, e no concurso Bergondo nun conto a gañadora foi Soraya Fernández Pérez.


 Todos os participantes recibiron o marcapáxinas gañador e un libro.

Este é conto de Soraya.

O peregrino e o río.

O peregrino Pedro e o seu acompañante Pepe.
O peregrino Pedro cando pasou por Bergondo camiño de Santiago encontrou a Pepe.
Pedro e Pepe decidiron seguir xuntos. Cando ían pasar o río, Pepe caeu nel.
Pepe non podía saír e Pedro lanzoulle unha corda e sacouno.
Os dous chegaron felices a Santiago, cantando e contando contos.
Fin.

(Faltan as ilustracións, que tamén son moi importantes)

xoves, 6 de maio de 2010

Venezuela

Xa presentamos o traballo que fixemos sobre Venezuela, que foi o país que nos tocou dentro do Proxecto América que organiza a Biblioteca.
Fixemos o mural que vedes aquí:



Esta presentación resume o noso traballo.