sábado, 30 de xaneiro de 2010

Día da Paz

O 29 de xaneiro no cole celebramos o día da Paz.
Para iso ademais de preparar unhas danzas e cantar todos xuntos a canción de Roberto Carlos "Yo quiero tener un millón de amigos", cada día da semana fixemos unha pombiña na que escribiamos algunhas cousas que todos podemos facer para poñer un pouco máis de paz no mundo.

NON  BERRES
NON EMPURRES
NON PELEXES
AXUDA NA CASA E ÓS TEUS AMIGOS
SE ESPECIALMENTE AMABLE, USA "POR FAVOR" E "GRAZAS"

Con estas pombas escribimos a palabra paz na ventá e as que nos sobraron puxémolas na entrada no cole.




Agora o importante é que isto non sexa para un día ou unha semana, senón que sexa o normal de tódolos días.

xoves, 28 de xaneiro de 2010

Visita ó Acuarium Finisterrae

Hoxe visitamos o acurio da Coruña. Durante a visita vimos unha chea de seres vivos relacionados co mar e contáronnos moitas cousas dos peixes.


Tamén disfrutamos das focas mentres lles daban de comer.





Despois fixemos un pequeno traballo no que debuxamos e contamos o que máis nos gustou desta visita.


 

martes, 19 de xaneiro de 2010

O sol de inverno

Estes días pintamos o sol de inverno, que vai todo abrigado coa súa bufanda e protexido da choiva con paraugas. O fondo pintámolo de negro porque os días de inverno con choiva son escuros.











Adeus outono...

O mural de outono perdeu as follas que lle puxemos, e antes de retiralo para deixar paso ó de inverno pintamos algunhas.


martes, 12 de xaneiro de 2010

Belas Artes (2)

Por fin rematamos os traballos da visita ó Museo de Belas Artes da Coruña. Témolos expostos na entrada do edificio B (o noso) do cole.









Reis Magos

Por suposto que os Reis Magos viñeron a Bergondo, aínda que só foran feitos polos rapaces coa mesma técnica que o seu competidor Papa Noel.



Repasando liñas e puntos...

Como exercicio de repaso de liñas e puntos démoslle vida a este verme tan festeiro.



E aquí tedes algúns deles con máis detalle.








O bosque

Este outro dos traballos que fixemos usando só as liñas. Tratábase de completar un bosque usando rotuladores.






O Belén do cole...

Estas son algunhas fotos do nacemento que montamos no cole. Como este ano o proxecto da biblioteca trata de América os personaxes e animais están relacionados con este continente. Nós os de segundo encargámonos dos traxes  dos personaxes.