mércores, 17 de novembro de 2010

Carpetas para Plástica

Cunha cartolina e un pouco de imaxinación preparamos as carpetas nas que gardar os traballos que durante o curso faremos en Expresión Plástica.





Composicións abstractas

Os primeiros traballos que fixemos foron sobre as composicións abstractas. Estes son os resultados.



luns, 25 de outubro de 2010

sábado, 9 de outubro de 2010

mércores, 6 de outubro de 2010

xoves, 9 de setembro de 2010

Xa estamos de volta...


O máis importante non é esa pila de material novo que ides mercar. O que tedes que traer sen falta son moitas ganas de aprender cousas novas e poñer un pouquiño de esforzo. Veredes como é máis doado do que pensades. ¡Ánimo!

xoves, 24 de xuño de 2010

xoves, 3 de xuño de 2010

Día Mundial do Medio Ambiente

"Moitas Especies. Un planeta. Un futuro"




O día 5 de xuño conmemórase o Día Mundial do Medio Ambiente (World Environment Day), unha data na que se tenta concienciar e mobilizar aos cidadáns no coidado e o respecto cara ás distintas especies e ecosistemas do planeta.

Cada ano, Nacións Unidas selecciona unha cidade como sede dos actos internacionais de conmemoración. Nesta edición a sede situarase en Ruanda e baixo o lema "Moitas Especies. Un planeta. Un futuro" farase especial fincapé na importancia vital, para o benestar da humanidade, do coidado e o respecto das distintas especies e ecosistemas do planeta. Así pois Kigali, a capital de Ruanda, será o lugar para esta celebración mundial do medio ambiente, celebración que contará cunha serie de actividades de varios días que inspirarán a ruandeses, africanos do leste e persoas de todo o mundo a tomar unha acción a favor do medio ambiente.
O tema do Día Mundial do Medio Ambiente 2010 tamén apoia o Ano Internacional da Biodiversidade Biolóxica que se celebra este mesmo ano.

domingo, 30 de maio de 2010

Oleiros de Buño



O venres 28 de maio, visitaron o colexio os oleiros de Buño, cunha pequena demostración do seu traballo. Ós rapaces fixeron a súas pequenas pezas, que imos deixar secar para logo pintar e decorar.


xoves, 13 de maio de 2010

Día das Letras Galegas

O vindeiro domingo, 17 de maio, celebraremos o Día das Letras Galegas que este ano adicamos a Uxío Novoneyra, o poeta do Courel.
Aquí tedes unha pinceladas da súa biografía e algúns poemas moi sinxelos.

martes, 11 de maio de 2010

Día de Europa

Onte, 9 de maio celebrouse o Día de Europa, e hoxe en clase fixemos un pequeno traballo sobre algúns dos países de Europa coloreando as súas bandeiras.


luns, 10 de maio de 2010

Letras Galegas 2010

Hoxe asistimos a una representación de monicreques "Elba e Marcos e os xoguetes encantados" de Duende Sico.


Logo entregáronse os premios do "V Concurso de marcapáxinas"e do "XI Certame literario Bergondo nun conto". No concurso de marcapáxinas o gañador foi o da Escola Infantil de Guísamo, e no concurso Bergondo nun conto a gañadora foi Soraya Fernández Pérez.


 Todos os participantes recibiron o marcapáxinas gañador e un libro.

Este é conto de Soraya.

O peregrino e o río.

O peregrino Pedro e o seu acompañante Pepe.
O peregrino Pedro cando pasou por Bergondo camiño de Santiago encontrou a Pepe.
Pedro e Pepe decidiron seguir xuntos. Cando ían pasar o río, Pepe caeu nel.
Pepe non podía saír e Pedro lanzoulle unha corda e sacouno.
Os dous chegaron felices a Santiago, cantando e contando contos.
Fin.

(Faltan as ilustracións, que tamén son moi importantes)

xoves, 6 de maio de 2010

Venezuela

Xa presentamos o traballo que fixemos sobre Venezuela, que foi o país que nos tocou dentro do Proxecto América que organiza a Biblioteca.
Fixemos o mural que vedes aquí:



Esta presentación resume o noso traballo.


luns, 19 de abril de 2010

Pascua

Despois da Semana Santa celébrase a Pascua, e fixemos unhas caixiñas en papel. Tamén fixemos uns ovos xigantes para decorar as ventás.


Algúns círculos...

A Kandinsky gustáballe pintar motivos xeométricos. Unha das súas obras titúlase "Algúns círculos" (1926). Esta obra recorda ós planetas e constelacións. O fondo negro simboliza o silencio.


Tomando como inspiración esta obra fixemos a nosa propia composición de círculos. Primeiro debuxamos con plantillas círculos de diferentes tamaños. Despois recortámolos e cando tiñamos moitas, fomos seleccionando e montando a nosa propia obra. Aquí tedes os resultados.





xoves, 15 de abril de 2010

Baile Joropo

Estes enlaces lévannos a varios vídeos onde se ve como se baila o joropo, un baile tradicional de Los Llanos, en Venezuela.
Vídeo 1
Vídeo 2
Vídeo 3
Vídeo 4
Vídeo 5

mércores, 17 de marzo de 2010

Día Internacional de Muller traballadora

O pasado luns, 8 de marzo, celebramos o Día Internacional de Mueller Traballadora, ademais de recordar que as mulleres temos os mesmo dereitos ca os homes, en tódolos aspectos da vida, fixemos unha ficha relacionada co tema e tamén coloreamos algúns debuxos de mulleres traballadoras.




Composición X



Xa rematamos o primeiro traballo sobre Kandinsky, que consistiu en colorear o seu cadro Composición X.
Aquí tedes os nosos resultados.










mércores, 24 de febreiro de 2010

O vidro

Hoxe falamos de varios artesáns, e un dos que saiu foi o vidrieiro. Aquí tedes algúns vídeos para que vexades como fan floreiros ou copas.



luns, 22 de febreiro de 2010

Mural de inverno


Xa rematamos o mural de inverno,  ben cheo de paraugas para protexernos da choiva que este ano non nos abandona.

domingo, 21 de febreiro de 2010

Igrexas

Na materia de Relixión fixemos esta pequena manualidade. Despois de recortar, dobrar e pegar obtivemos unha pequena igrexa. Por suposto, o profe Ángel foi quen nos axudou.


sábado, 30 de xaneiro de 2010

Día da Paz

O 29 de xaneiro no cole celebramos o día da Paz.
Para iso ademais de preparar unhas danzas e cantar todos xuntos a canción de Roberto Carlos "Yo quiero tener un millón de amigos", cada día da semana fixemos unha pombiña na que escribiamos algunhas cousas que todos podemos facer para poñer un pouco máis de paz no mundo.

NON  BERRES
NON EMPURRES
NON PELEXES
AXUDA NA CASA E ÓS TEUS AMIGOS
SE ESPECIALMENTE AMABLE, USA "POR FAVOR" E "GRAZAS"

Con estas pombas escribimos a palabra paz na ventá e as que nos sobraron puxémolas na entrada no cole.




Agora o importante é que isto non sexa para un día ou unha semana, senón que sexa o normal de tódolos días.

xoves, 28 de xaneiro de 2010

Visita ó Acuarium Finisterrae

Hoxe visitamos o acurio da Coruña. Durante a visita vimos unha chea de seres vivos relacionados co mar e contáronnos moitas cousas dos peixes.


Tamén disfrutamos das focas mentres lles daban de comer.





Despois fixemos un pequeno traballo no que debuxamos e contamos o que máis nos gustou desta visita.


 

martes, 19 de xaneiro de 2010

O sol de inverno

Estes días pintamos o sol de inverno, que vai todo abrigado coa súa bufanda e protexido da choiva con paraugas. O fondo pintámolo de negro porque os días de inverno con choiva son escuros.