mércores, 1 de marzo de 2023

xoves, 20 de outubro de 2022

Selección de obras de arte

 No mundo da arte unha parte do traballo é experimentar e probar, pero tamén hai que coñecer o que xa fixeron outros. O alumnado de 5ºA seleccionou estas obras, a partir das cales iremos traballando este curso. 

mércores, 29 de xuño de 2022

Hologramas

 Nos últimos días do curso, xurdiron dúbidas sobre o que eran os hologramas.

Atopei está páxina que penso que vos pode axudar a entendelo. 

https://definicion.de/holograma/

Neste vídeo tedes unha porposta para un experimento caseiro.

https://youtu.be/OIaL0jLmFC0 

luns, 20 de xuño de 2022

Creamos historias.

 Durante este trimestre o alumnado traballou na creación dunha historia coa aplicación TOONTASTIC, dentro do proxecto de Digicraft. 

As condicións que se lles puxo é que a historia tiña que estar relacionado co coidado do medio ambiente, debían participar Said e Sheila, que eran os protagonistas do libro que lemos este curso, Perigo Vexertal de Ramón Caride.

A historia tiña que ter un mínimo de tres partes, pero podían engadir máis se así o desexaban.

Unha vez aprobado o guión, pasaban usar a aplicación para levar a cabo o proxecto.

Estes que tedes aquí son os resultados.

Un motivo de salvación, por Mariña, Lucía e César.


Perigo Vexetal 2, por Hugo, Alba e Gabriel.


O misterio do SC-1, por Carlos e Sara.


Non á contaminación, por Daniela, Santiago e Samuel.

As mentiras de Josh, por Alma, Mencía e Andrea.


Fáltanos un vídeo, pero estamos tendo problemas técnicos para descargalo. En canto o consigamos, xa volo mostramos. Esperamos que vos gustaran.


xoves, 16 de xuño de 2022

Tortugas marinas 101 | National Geographic en Español

16 e xuño, Día Mundial das Tartarugas Mariñas


A celebración deste día coincide co nacimiento no ano 1909 do conservacionista de tartarugas marinas Archie Carr, cuxo arduo labor contribuiu á protección desta especie. Foi un conservacionista de Alabama que loitou durante toda a súa vida polo mantemento das poboaciónes de tartaruga, principalmente en Costa Rica.

luns, 6 de xuño de 2022

Xardíns con historia: Pazo de Mariñán


Un pequeno documental sobre o Pazo de Mariñán, para coñecer tamén o que temos preto de nós, e ás veces esquecemos o seu valor. 

https://play.rtve.es/v/6549671/